28 de fevereiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 10: Harvey, o universo e todo o demais.
O Volume 10 de Gorevision TV contén: video clip "No rain" de Blind Melon; os Bad Manners en directo interpretando "Anininanananonu"; cortinilla "La semilla del diablo"; video clip "Cut your hair" de Pavement; Los Hermanos Dalton en directo interpretando "El crimen del siglo"; cortinilla "Toma el dinero y corre"; spot publicitario NIKE (con Bob Didley); video clip "Afro" de Jon Spencer Blues Explosion; The Chevelles en directo interpretando "My Generation" (Playa Club, A Coruña); video clip "In Blomm" de Nirvana; Bruce Willis + The Temptations en directo interpretando "Under The Boardwalk" e homenaxe Fernando Rey.



Levamos 10 programas de Gorevision TV… a reemisión! Dous meses e medio compartindo con vós todo o acontecido naqueles afastados días. Isto só representa menos da terceira parte do material dispoñíbel para o voso gozo. Facendo un pequeno balanzo deste tempo dicirvos que fostes máis de 1500 os que visualizáchedes os programas e por riba de 2000 os que vos achegastes a visitarnos neste voso blog. Estamos abraiados coa resposta e por iso queremos agradecervos todo este apoio que nos anima a continuar nesta tarefa visualizadora e recuperadora dun anaco de historia cultural da Galiza.

Desde Gorevision TV queremos agradecer a todos aqueles navegantes que nos referenciáchedes nos vosos blogs e webs sen esquecer o apoio de medios de comunicación que quixeron axudarnos a meter as nosas cabezas nas pantallas dos vosos computadores. O noso máis sincero agradecemento en especial para Ruben Coca, Carlos Atanes, Boy Elliott (ex Blood Filloas), Axencia Audiovisual Galega, Vieiros, Teleclube, Sonotone, Galiciae, e a algún mais que seguramente nos quede polo camiño... Non queremos rematar este texto de gratitude sen falar do inestimábel apoio de Cuco Pino e a súa productora QUADRA PRODUCIÓNS, sen eles todo isto non chegaría con este plus de calidade na arañeira. Tamén.

Para celebralo o reporteiro máis dicharacheiro, Gustavo Harvey, nos obsequia cun texto de homenaxe con tintes de exercicio melancólico e de exaltación… toda unha arenga para espertar mentes durmidas e provocar reaccións en cadea…. Televisiva!!!!.

Problemas de osíxeno, tres puntos no cadrante seis, Basesanxoan estou perdendo a espontaneidade!!!!!... ai...

Mil recordos e sensacións abrollan no noso subconsciente cada vez que ollamos un novo capítulo de Gorevisión. Xentes, sons, momentos, retallos da nosa memoria que non volverán. Moito temos cambiado e aínda así seguimos sendo os mesmos. Inxenuos e teimudos na procura do noso soño, de rachar coa monotonía e a vulgaridade das nosas vidas.

Daquela, palabras como email ou Internet non existían no noso vocabulario. A electrónica na música era sinónimo de bacallau infernal e o bravú abría fendas no destino da cultura musical galega mentres fechaba a porta a outros xeitos de entender a música en galego sen reivindicacións nin farrapos de gaita.

Unha manchea de mozos e mozas, inquedos que trocaban cintas en VHS e escoitaban vinilos raiados da Velvet Underground. Orfos de referentes no país (a Movida viguesa ficaba lonxe demais) buscabamos horizontes no ruidismo Grunge e no Punk-pop nacido da resaca dos sons do Manchester. Así naceu Gorevisión, cheo de referentes cinematográficos… literarios… televisivos... filosóficos... O Do It Yourself nacera na pérfida Albión mais renacía xoves a xoves nos corazóns dunha bisbarra morta de morte matada. O collage como sentimento, como xeito de reivindicar novas visións aínda non explotadas na Galiza.

Foron instantes de paixón inabranguíbel, momentos que se perderon na chuvia dos anos e que grazas ás novas tecnoloxías renacen en nós, moran en vós. Todo o que vedes semana a semana neste blog foi froito da insoportábel levidade do ser... galego nos comezos dos noventa e segue a ser, hoxe en día, o latexo que bombea de sangue novo as arterias desta terra salvaxe que loita a diario contra as súas propias contradiccións.

Rexo, forte e perenne pervive por sempre ese arrouto do recanto mais esquecido das mentes daqueles tempos. Aí seguirá agardando a ser descuberto e recordando a todos os que hoxe queren facer cultura no país que sen apoio e sen políticos tamén se pode facer productos frescos e innovadores. Ese é o noso legado, a herdanza que deixa Gorevisión para as galegas e galegos que non puideron coñecelo no seu momento e que hoxe chega a vós desde a nosa máis humilde e altruísta intención.

Que Dior nos colla confesados
!


Gustavo Harvey.


Escaleta dun dos programas perdidos (o Vol. 34)
 
proposto por Gorevision TV ás 21:34 | Permalink | 0 comentarios
21 de fevereiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 9: De Rabiosa Actualidade


O Volume 9 de Gorevision TV contén: peza denuncia pola retirada de "El peor programa de la semana"; Belly en directo interpretando "Feed The Tree"; cortinilla saudo Sex Museum; The Easybeats en directo interpretando "Lovin machine"; video clip "You love us" de Manic Street Preachers; cortinilla "En los limites de la realidad"; video clip "Call Mr Lee" de Television; cortinilla "Sueños de un seductor"; spot publicitario Nescafe; video clip "Jeremy" de Pearl Jam; Gustavo Harvey entrevistando a Doctor Explosion (Xixón) en Bristol Club e Poch + Toreros Muertos (Pablo Carbonell) en directo interpretando "Cocaine".
 
proposto por Gorevision TV ás 21:24 | Permalink | 0 comentarios
14 de fevereiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 8: Incursión No Planeta Kiwi
Antes de ver o programa de hoxe, Gorevision TV vos propón unha adiviña...

"Xa é unha actriz reputada
do cinema español,
canta o que lle da a gana
cun haitiano de Ferrol,
ten nome ben curioso,
de difícil pronunciación,
subiu coma o viño espumoso
logo de saír en Gorevision
".

Quen será será? Todavía non caíches?

Pois descóbreo no Volume 08 de Gorevision TV!!!!!




O Volume 8 de Gorevision TV contén: homenaxe Derek Jarkman; presentación Alfred Hitchcock; video clip "Mary Jane's last dance" de Tom Petty; The Damned en directo interpretando "New Rose"; video clip "Today" de Smashing Pumpkins; Bob Dylan en directo interpretando "One too many mornings"; cortinilla "Cara de Angel"; spot publicitario El Corte Inglés; Neil Young en directo interpretando "People rocking in the free world"; Gustavo Harvey entrevistando a Respect (cunha novísima Nawja Nimri) e videoclip "Rambling' Rose" de Los Contentos dirixido por Jorge Coira.
 
proposto por Gorevision TV ás 21:21 | Permalink | 3 comentarios
7 de fevereiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 7: Perdendo a espontaneidade


O Volume 7 de Gorevision TV contén: video clip "Sister Brother" de Afghan Wings; video clip "Big day coming" de Yo La Tengo; Elvis Presley en directo interpretando "Come back baby"; video clip "Stop" de Jane´s Addiction; cortinilla "Un hombre lobo americando en Londres"; spot publicitario Xabrón OMO; Stone Temple Pilots en directo interpretando "Plush"; Gustavo Harvey entrevistando a Josetxo "Los Bichos" Ezponda (Bilbao); cortinilla "En los limites de la realidad" e Los Payasos de la Tele interpretando "Hola Don Pepito".
 
proposto por Gorevision TV ás 21:54 | Permalink | 0 comentarios